Elección de horarios individuais 2024-2025
O vindeiro martes 10 están previstas as reunións de elección de horarios das materias individuais de instrumento e máis Repentización e acompañamento. As reunións desenvolveranse de maneira presencial en horario de mañá e tarde. A concreción horaria e mais de espazos é posible consultala a través da ligazón do botón de abaixo.
Na plataforma CentrosNET pódese consultar a adxudicación de profesorado ao alumnado ao respecto das referidas materias.