Presentacións do curso escolar
O vindeiro mércores 11 en horario de tarde están previstas no auditorio do conservatorio reunións de presentación do curso 2024-2025. Estas xuntanzas terán por obxecto achegar a información oportuna tanto sobre os aspectos académicos como organizativos do presente curso escolar. Desta maneira, está convidado o alumnado e mais as súas familias.
Considerando a diferencia organizativa e curricular dos diferentes graos e cursos, ademais da cabida do auditorio, as presentacións desenvolveranse no seguinte horario e distribución.
- 17:00, 1º curso do grao elemental
- 18:00, 2º curso do grao elemental
- 18:30, 3º curso do grao elemental
- 19:00, 4º curso do grao elemental
- 19:30, 1º e 2º cursos do grao profesional
- 20:00, 3º e 4º cursos do grao profesional
- 20:30, 5º e 6º cursos do grao profesional