Presentación disco: Fernando Raña, frauta.
Fernando Raña, profesor de frauta do Conservatorio Superior de Música de Vigo, explicaranos sobre o repertorio gravado no seu disco para frauta, de compositores galegos que lle han dedicado a súa obra. Ademais, poñerá algún exemplo sonoro na presentación e finalmente tocará unha das pezas do disco que é para frauta soa (Variacións sobre a rosa de abril de Brotóns). Esta peza é a única que non é dun compositor galego, per sí a súa temática, e Brotóns, tamén lla dedicou a Fernando.
Fernando Raña tamén traerá algún exemplar do seu disco por se alguén está interesado.




