Presentación de ’12~56: Músicas de América do Sur’

Mañá martes 26 ás 18:00 na biblioteca do conservatorio está previsto o acto de presentación de ’12~56: Músicas de América do Sur’.

’12~56′ é o proxecto que tenta achegar unha temática que sexa un fío condutor para a actividade do conservatorio neste curso escolar. O proxecto, que estará presente en moitas actividades do centro como exposicións ou audicións, terá un evento protagonista na forma dun concerto previsto para o 12 de maio ás 19:30 no auditorio do conservatorio.

Seguindo a liña do ‘Let It Beat’ do pasado curso, que reuniu nun proxecto común a varios centos de persoas da nosa comunidade educativa, ’12~56′ tentará convocar novamente á nosa comunidade buscando sumarse aos obxectivos que os músicos precisamos para conducir o noso traballo cotiá.

En canto á presentación de mañá, será un acto breve con dúas intervencións musicais á cargo de Carlos Mago, voz, e Nicolás Ravelli, piano, alumnos ambos do conservatorio na especialidade de Canto.

A entrada ao acto é libre ata completar a cabida da biblioteca.

Data

Nov 26 2024
Evento expirado

Hora

18:00 - 18:30

Localización

Biblioteca

Deixa unha resposta

HORARIO

De luns a venres
de 8.00 h a 22.00
cmus.lugo@edu.xunta.gal

LOCALIZACIÓN

Ronda Músico Xosé Castiñeira, 5, 27002, Lugo
VER MAPA