Premios fin de grao 2024
O vindeiro martes 18 ás 16:00 está prevista no auditorio do conservatorio a celebración da proba correspondente aos premios fin de grao deste curso 2023-2024.
O premio fin de grao é unha distinción á que pode optar o alumnado que remate as ensinanzas profesional cunha cualificación media, cando menos, de 8, no derradeiro curso do grao.
A seguinte listaxe recolle ao alumnado que opta a este recoñecemento neste curso e o seu horario de participación na proba.
- 16:00 – Sergio Ballón López, Contrabaixo
- 16:30 – Gerald David Vázquez Fernández, Clarinete
- 17:00 – Emilia Durán Rodríguez, Viola
- 17:30 – Noa Rodríguez Carballeira, Contrabaixo
- 18:00 – Gerald David Vázquez Fernández, Piano
- 18:30 – Eva Montoto Pintos, Canto