Noelia Rodiles no CMUS
O vindeiro 23 de maio ás 20:30 horas poderemos gozar do fantástico concerto que Noelia Rodiles interpretará no noso conservatorio dentro do Festival de Música Cidade de Lugo-50º Semana de Música do Corpus.
Noelia Rodiles tocou como solista xunto a orquestras como a Orquestra Nacional de España, Orquestra da Radio Televisión Española, Orquestra da Comunidade de Madrid, a Sinfónica do Principado de Asturias, a Orquestra Heinrich Heine de Düsseldorf, a Filharmónica de Querétaro (México) e The Soloists of London entre outras, baixo a dirección de mestres como Lucas Macías, Víctor Pablo Pérez, Pablo González, José Ramón Encinar, Michael Thomas, Marzio Conti, Ramón Tébar ou Pablo Mielgo.
A súa calidade musical foi recoñecida en concursos nacionais e internacionais de piano como o Rotary Club de Palma de Mallorca e o Ricard Viñes de Lleida ou o Primeiro premio, por unanimidade, e os tres premios especiais recibidos no Concurso Nacional de Piano Cidade de Albacete. Obtivo tamén o primeiro premio no Concurso Permanente de Xoves Intérpretes de Xuventudes Musicais de España na especialidade de música de cámara, así como o premio dos Circuítos Festclásica.
A entrada será de balde ata esgotar as localidades e as localidades non son numeradas: asignaranse por orde de chegada ao concerto.