Música e Poesía en Movemento: Sentindo a Lingua
O vindeiro luns 13 de abril ás 19:00 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo está prevista a celebración do acto de clausura do proxecto de innovación educativa «Música e poesía en movemento: sentindo a lingua» no que están a participar este curso as comunidades educativas da Escola Oficial de Idiomas, do Conservatorio Profesional de Danza, da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e máis do noso centro. Este proxecto, continuación do desenvolvido o pasado curso, está promovido e organizado polos equipos de dinamización da lingua galega.
A entrada é de balde pero resulta preciso adquirila a través da plataforma Entradas Lugo á que é posible acceder por medio desta ligazón.




