Impro & loops workshop, exposición de fagots.
O luns día 4 de novembro contaremos cunha exposición de fagots, e un taller de improvisación e loops a cargo de Alejandro Fernández. Licenciado en Fagot clásico na ESMUC e en Filosofía, foi un dos pioneiros en introducir o Fagot dentro de xéneros das músicas do mundo tales como o Reggae e Afrobeat. Especializouse en fagot electrónico e potencia o achegamento da improvisación aos estudantes de música clásica co seu método “máis aló da partitura”. Ofreceu talleres e master class en distintos congresos como o International Double Reed Congress no Porto; Afoes de Galicia ou o Conservatorio Superior de Ulan-Bator en Mongolia. Durante os últimos 10 anos realizou máis de 200 actuacións en máis de 15 países, percorrendo Europa, América e Asia con diversas formacións musicais de moderno e clásico.




