Final do concurso de interpretación Xosé Castiñeira

O vindeiro martes 2 de maio terá lugar, dende as 19:00 horas, a final do Concurso de Interpretación Xosé Castiñeira no auditorio do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo.

A orde de intervención, onde poderemos gozar da interpretación dos 3 finalistas, será a seguinte:

  • 19:00h: Miguel Alonso Prada, que interpretará o Solo de concurso n°1, Op.33 para óboe e piano de Charles Colin.
  • 19:30h: Álex Barcala Castro, que interpretará o Scherzo n°2, Op. 31 de Frédéric Chopin e a Rapsodia húngara nº 6 de Franz Liszt.
  • 20:00: Gerald David Vázquez Fernández, que interpretará o Capricho para clarinete só en La de Heinrinch Sutermeister e a Primeira Rapsodia para clarinete e piano de Claude Debussy.

Animádevos e achagádevos a escoitar aos finalistas

Data

Mai 02 2023
Evento expirado

Hora

19:00

Localización

Auditorio
Categoría

Deixa unha resposta

HORARIO

De luns a venres
de 8.00 h a 22.00
cmus.lugo@edu.xunta.gal

LOCALIZACIÓN

Ronda Músico Xosé Castiñeira, 5, 27002, Lugo
VER MAPA