Concerto do gañador do II Concurso de Interpretación Xosé Castiñeira: Iago López Núñez, frauta.
O gañador do II Concurso de Interpretación Xosé Castiñeira, o frautista Iago Lòpez Nùñez, interpretará o Cuarteto con frauta en Re maior nº 1, K. 285 de Mozart e o Trío para frauta, violoncello e piano H.300 de Bohuslav Martinů, xunto cos compoñentes do Ensemble Filharmónica, creado o ano pasado especialmente para a ocasión.




