Concerto de «12~56: Músicas de América do Sur»

O vindeiro luns 12 de maio ás 19:30 está previsto no auditorio do conservatorio o concerto correspondente a «12~56: Músicas de América do Sur», o proxecto que ten achegado unha temática, un fío condutor para a actividade do conservatorio neste curso escolar. O proxecto, que ten estado presente en diferentes actividades do centro estes meses, ten no concerto do luns o seu un evento protagonista.

Será posible gozar da música de diferentes países, épocas e estilos da man de agrupacións formadas por alumnado e profesorado do conservatorio.

Procurando a mellor organización do evento, para asistir como público será preciso facelo, nun primeiro termo, por medio dunha invitación. Esta poderá solicitarse a través do formulario ao que é posible acceder dende o botón de abaixo. En todo caso, a invitación perderá a súa validez un tempo antes do comezo da actuación. Estableceranse dúas ringleiras, unha para público con invitación e outra para público sen ela. As portas do auditorio abrirán ás 18:55 e a invitación perderá a súa validez ás 19:20. A partir dese momento accederán ao auditorio as persoas que estean a agardar na ringleira de público sen invitación.

As invitacións poderán recollerse o luns 12, na conserxería do conservatorio, dende as 15:00 ata o momento da apertura da porta do auditorio .

ACTUALIZACIÓN
As invitacións destinadas á reserva previa ao evento están esgotadas. Estas estarán dispoñibles a partir das 12:00 na conserxería do conservatorio no canto das 15:00, hora prevista nun primeiro termo e que figura na alínea superior.

Data

Mai 12 2025
Evento expirado

Hora

19:30 - 21:00

Localización

Auditorio

Deixa unha resposta