Charla sobre as ensinanzas profesionais
O mércores 26 ás 20:00 no auditorio do conservatorio está previsto o desenvolvemento dunha charla informativa destinada ao alumnado e mais ás súas familias acerca das ensinanzas profesionais.
Na charla, na que participará a dirección do centro e mais a xefatura de estudos, abordaranse os diferentes aspectos das referidas ensinanzas como o seu currículo, acceso, promoción, etc.
Aínda que se trata dunha actividade dirixida particularmente ao alumnado e familias correspondentes ao cuarto curso do grao elemental, a entrada é libre ata completar a cabida do auditorio.




