Charla informativa sobre as ensinanzas profesionais e o seu acceso
O mércores 25 ás 20:15 no auditorio do conservatorio está previsto o desenvolvemento dunha charla informativa destinada ao alumnado e mais ás súas familias acerca das ensinanzas profesionais.
Na charla, na que participará a dirección do centro, a xefatura de estudos e mais a xefatura de departamento de Linguaxe musical, abordaranse os diferentes aspectos das referidas ensinanzas como o seu currículo, acceso, promoción, etc.
Aínda que se trata dunha actividade dirixida particularmente ao alumnado e familias correspondentes ao cuarto curso do grao elemental, a entrada é libre ata completar a cabida do auditorio.




