Charla informativa da proba de acceso ao 1º curso do grao elemental

O martes 2 ás 18:00 na Aula de Orquestra está prevista unha charla informativa co obxecto de responder e resolver calquera cuestión acerca da proba de acceso ao 1º curso das ensinanzas elementais prevista para os días 15, 16 e 17 de xuño.

Así mesmo, logo da publicación o día de hoxe da lista de aspirantes admitidos para a realización da proba e a relación provisional de especialidades, será posible coñecer como formalizar, de ser o caso, a solicitude de cambio de especialidade instrumental.

A publicación da lista de aspirantes para a realización da proba coa relación definitiva de especialidades está prevista para o vindeiro luns 8.

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

Data

Xuñ 02 2026

Hora

18:00 - 19:00

Localización

Aula de Orquestra
Aula de Orquestra

Deixa unha resposta