Charla informativa sobre as ensinanzas elementais e o seu acceso
O vindeiro luns 11 ás 17:00 no auditorio do conservatorio está prevista unha charla informativa sobre as ensinanzas elementais e o seu acceso. A charla forma parte das diferentes actividades que o conservatorio organiza co obxecto de promover as ensinanzas de música que é posible desenvolver no centro e achegar, nesta ocasión, a oportuna información acerca das diferentes especialidades que é posible estudar, como se desenvolve a proba de acceso, a adxudicación de prazas, etc.
A charla estará precedida dunha introdución acompañada dunha proxección sobre os instrumentos da orquestra ás 16:30 que tamén terá lugar no auditorio do centro.
Cómpre recordar que o prazo de inscrición á proba de acceso ao 1º curso do grao elemental permance aberto ata o vindeiro venres 29. Toda a información sobre a proba é posible consultala no menú Acceso desta páxina web.




