Actividades do día das letras galegas

O vindeiro martes 16 de maio, poderemos gozar dun día festivo no que conmemoraremos o Día das Letras Galegas con distintas actividades.

Comezaremos os festexos ás 18:00h no auditorio cun fantástico concerto, no que participarán Antonio Queija (piano), Lorena Rodríguez (clarinete) e o Coro do Grao Profesional dirixido por Henar Matesanz.

Unha vez rematado, ás 18:30h trasladarémonos á zona axardinada xunto a entrada do andar baixo para gozar da música do ensemble de clarinetes e do grupo de música tradicional do conservatorio, así como da danza do alumnado do CDAN. No caso de que a climatoloxía non acompañe, esta actuación realizarase no auditorio.

Remataremos o día ás 20:00h cun fantástico concerto do Dúo Klonos, formado por Rafael Yebra (saxofón) e Pablo Rodríguez (piano) que interpretarán un programa íntegro de compositores galegos.

Celebrade con nós o día das nosas letras!!

Data

Mai 16 2023
Evento expirado

Hora

20:00

Localización

Auditorio
Categoría

Deixa unha resposta

HORARIO

De luns a venres
de 8.00 h a 22.00
cmus.lugo@edu.xunta.gal

LOCALIZACIÓN

Ronda Músico Xosé Castiñeira, 5, 27002, Lugo
VER MAPA