Eleccions ao consello escolar
Dende o pasado martes 29 de outubro e ata o vindeiro venres 8 de novembro será posible a presentación de candidaturas no contexto das eleccións de integrantes do noso consello escolar que terán lugar entre os días 18 e 22 de novembro.
Na renovación parcial deste ano 2024 todos os sectores, alumnado, nais, pais ou titores legais, persoal de administración e servizos e profesorado, poderán escoller aos seus representantes.
O calendario de todo o proceso, establecido pola xunta electoral, é o que pode verse a continuación.
- Martes 29 de outubro, comezo do prazo de presentación de candidaturas e publicación dos censos correspondentes aos diferentes sectores.
- Mércores 13 de novembro, proclamación e publicación das candidaturas admitidas.
- Xoves 14 de novembro, sorteo público para a designación de integrantes das mesas electorais (ás 12:30 na administración do centro).
- Martes 19, votación das nais, pais e titores legais para a elección dos seus representantes (de 16:45 a 19:15 no vestíbulo do centro).
- Mércores 20, votación do alumnado para a elección dos seus representantes (de 16:45 a 19:15 no vestíbulo do centro).
- Venres 22, votación do persoal de administración e servizos para a elección da súa persoa representante (ás 11:30 na administración do centro).
En canto á data para a votación dos representantes do profesorado, esta será fixada en reunión de claustro de acordo coa normativa de aplicación.
As persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán empregar o impreso que é posible descargar no botón de abaixo ―trátase dun formulario en formato pdf― ou recoller na conserxería. A entrega pode facerse na conserxería do centro ou por correo electrónico dirixindo o impreso ao enderezo electrónico da dirección do conservatorio, direccion.cmus.lugo@edu.xunta.gal, de estar o documento asinado electronicamente.