Curso de iniciación 2026-2027

O curso de iniciación do CMUS Profesional Xoán Montes é un curso gratuíto destinado a nenas e nenos nados no ano 2019.

O número de prazas ofertadas é de 30, que se cubrirán por orde de inscrición ata chegar ao número máximo.
O prazo de matrícula abrangue dende o 29 de maio ao 14 de xuño.
O curso comezará no mes de setembro e rematará a comezos do mes de maio, e as clases serán os luns ás 16h ou ás 17h.

A comezos de setembro contactarase coas personas que se matriculen para unha reunión explicativa do desenvolvemento do curso.

A listaxe de persoas admitidas publicarase a semana do 15 de xuño na páxina web do conservatorio e nos taboleiros do conservatorio.

A través da ligazón do botón de abaixo é posible acceder ao formulario de matrícula. En todo caso, o formulario non estará aberto ata o comezo do prazo referido máis arriba.

Ao mesmo tempo, no outro botón é posible descargar unha presentación coa información do curso.