Curso de iniciación 2026-2027, participantes admitidos
Publicase a relación de nenos e nenas admitidos no curso de iniciación do CMUS Profesional Xoán Montes correspondente ao vindeiro curso 2026-2027.
A causa da elevada demanda na preinscrición do curso, foi preciso organizar o seu desenvolvemento en dous cuatrimestres: un primeiro do 21 de setembro ao 18 de xaneiro, grupos A e B, e un segundo do 25 de xaneiro ao 3 de maio, grupos C e D.
O luns 14 de setembro ás 17:00 está prevista no auditorio do conservatorio unha reunión informativa co obxecto de levar a cabo, de ser o caso, así mesmo, algún troco en canto ao grupo dos participantes.
A través da ligazón do botón de abaixo é posible acceder a listaxe co grupo e horario correspondente. O documento contén, ao mesmo tempo, a lista de agarda así como as persoas non admitidas no curso.




