Curso de Iniciación 2025-2026
O vindeiro venres 6 de xuño está prevista a apertura do prazo de inscrición para o Curso de Iniciación correspondente ao próximo ano académico 2025-2026.
Nesta edición, o deseño do curso será semellante ao de anos anteriores: traballo colectivo de música e movemento e achegamento ás diferentes especialidades instrumentais que é posible cursar no conservatorio. Cómpre apuntar que o curso está destinado a nenas e nenos nados no ano 2018.
Desta maneira, o Curso de iniciación desenvolverase durante a meirande parte do tempo de actividade lectiva do curso escolar. O curso organizarase en dúas sesións semanais, unha os luns co referido traballo de música e movemento, e outra os martes dedicada a coñecer as diferentes especialidades instrumentais.
En canto ao número de grupos e horario, serán tres os grupos, formados cada un por quince nenas e nenos. O horario destes tres grupos será ás 16:00, 17:00 e 18:00 das tardes dos luns. A sesión dos martes desenvolverase ás 17:00.
O prazo de inscrición, que é de balde, estenderase do 6 ao 20 de xuño, e as corenta e cinco persoas aspirantes serán admitidas por orde de inscrición. Con todo, prevese formar unha lista de agarda para as nenas e nenos que non obtiveran unha praza no curso.
A listaxe coas persoas admitidas no Curso de Iniciación publicarase o venres 27 de xuño.
A través da ligazón de abaixo é posible acceder ao formulario de inscrición no curso. Este permanecerá activo dende as 00:00 do 6 de xuño ata as 23:59 do 20 dese mesmo mes.
Para resolver calquera consulta, pódese empregar o seguinte enderezo electrónico: cursodeiniciacion@cmusxoanmonteslugo.edu.es




