Curso de Iniciación 2025-2026
Publícanse os grupos, horarios e participantes no Curso de Iniciación correspondente ao vindeiro curso escolar 2025-2026.
Lembramos que a actividade organizarase en dúas sesións semanais, unha os luns co referido traballo de música e movemento, e outra, os martes, dedicada a coñecer as diferentes especialidades instrumentais.
O comezo do Curso de Iniciación está previsto o luns 29 de setembro logo dunha reunión informativa o anterior luns 22.




