Concurso “Primavera poética”

Con motivo da recente celebración do Día Mundial da Poesía e a vindeira celebración do Día das Artes Galegas os EDLG do CMUS Xoán Montes e a EOI de Lugo convocan o concurso de ilustración de poemas “Primavera Poética”. O concurso está enmarcado dentro do proxecto de innovación “Música e poesía: movendo a lingua” e ten por finalidade ilustrar os poemas do tendal que xa foron musicados e traducidos a diversas linguas.

As ilustracións serán difundidas no acto de clausura do proxecto que terá lugar o día 5 de maio no auditorio Fuxan os Ventos e nas redes sociais dos centros. 
Animádevos a ilustrar os poemas do Tendal!