Calendario de inicio de curso e grupos actualizados
É posible consultar xa na plataforma CentrosNET a concreción da actividade do conservatorio neste comezo do curso 2025-2026.
Ao mesmo tempo, os grupos actualizados están dispoñibles na referida plataforma e nos taboleiros do centro. Da mesma maneira, a adxudicación de alumnado ao profesorado.
O xoves 11 está prevista no auditorio do conservatorio a celebración de reunións de presentación do curso co seguinte horario.
- 17:00, 1º curso do grao elemental.
- 18:00, 2º a 4º curso do grao elemental.
- 18:30, 1º e 2º cursos do grao profesional.
- 19:00, 3º a 6º curso do grao profesional.
O luns 15, finalmente, comezará a actividade lectiva.




