Calendario de comezo do curso
A actividade do conservatorio no comezo deste curso 2024-2025 desenvolverase da seguinte maneira:
Publicación nos taboleiros do centro e mais na plataforma CentrosNET dos grupos e horarios definitivos actualizados. A súa consulta non é precisa agás se teña solicitado algún cambio logo da súa publicación o venres 19 de xullo na condición de definitivos.
O venres 6 publicaranse nos taboleiros do centro e mais na referida plataforma CentrosNET da adxudicación de alumnado ao profesorado das materias instrumentais.
O martes 10 están previstas as reunións de elección de horarios individuais. Aínda que a concreción horaria de especialidades e profesorado publicarase nos vindeiros días, a elección dos horarios da materia de Repentización e acompañamento desenvolverase en horario de mañá, a das materias instrumentais pola tarde en dúas franxas horarias, 16:00 e 18:00, e, ás 20:00, a elección dos horarios da materia de Piano complementario.
O mércores 11 está prevista no auditorio do conservatorio a celebración de reunións de presentación do curso co seguinte horario.
- 17:00, 1º curso do grao elemental.
- 18:00, 2º curso do grao elemental.
- 18:30, 3º curso do grao elemental.
- 19:00, 4º curso do grao elemental.
- 19:30, 1º e 2º cursos do grao profesional.
- 20:00, 3º e 4º cursos do grao profesional.
- 20:30, 5º e 6º cursos do grao profesional.
O venres 13 ás 19:00 terá lugar no auditorio o acto de apertura do curso escolar coa participación da agrupación Lucus Ensemble.
O luns 16, finalmente, comezará a actividade lectiva deste curso 2024-2025.