Acceso ás ensinanzas elementais
O prazo de inscrición na proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental, comezado o pasado martes 29, permanecerá aberto ata o vindeiro mércores 28 de maio.
Lembramos que a inscrición é de balde e a formalización desta deberá levarse a cabo en liña.
No menú Servizos, e logo respectivamente en Probas de acceso, Acceso ás ensinanzas elementais e Probas de acceso a 1º de grao elemental, atópase toda a información sobre a proba e mais a ligazón á plataforma de inscrición.




