Servizo de acompañamento para á proba de acceso a 1º de grao profesional
O Departamento de piano acompañante do CMUS Xoán Montes ofrece un servizo de pianista acompañante para aqueles aspirantes das probas de acceso a 1º de grao profesional que o soliciten antes de que finalice o prazo de inscrición da proba, a través do seguinte procedemento:
SOLICITUDE:
Os aspirantes terán que elixir unha das seguintes vías proporcionadas:
(no caso da solicitude en pdf o formulario é editable)
PARTITURAS:
Aqueles aspirantes que non fosen acompañados polos pianistas do centro no presente curso, ademáis terán que adxuntar unha copia das obras para as que solicitan acompañamento.
ENTREGA DA DOCUMENTACIÓN:
Si se elixíu a solicitude a través do formulario online, unha vez cuberto recibirase unha confirmación de recepción por correo electrónico.
O resto de documentación (de ser o caso a solicitude pdf e/ou si hai que presentar copia das partituras) terá que ser entregada:
- ben físicamente na conserxería do centro
- ou ben no seguinte enderezo electrónico: piano.acompanante.cmus.lugo@edu.xunta.gal co asunto “Solicitude de acompañamento na proba de acceso de… (+ nome)”.
ENSAIOS E CONTACTO:
Unha vez finalizado o prazo de inscrición na proba, o departamento de piano acompañante estabrecerá á maior brevidade, os pianistas que levarán a cabo o servizo e comunicarase cos aspirantes para concretar un ensaio antes da proba.
O pianista acompañante designado estabrecerá a data e horario do ensaio (tendo en conta a casuística dos aspirantes), quedando á súa elección si o considera oportuno a realización dun segundo ensaio, de dar tempo e ser o caso.
Calquera dúbida sobre o procedemento deberá ser dirixida a: piano.acompanante.cmus.lugo@edu.xunta.gal