PROBAS DE ACCESO AOS CURSOS 2º A 4º DE GRAO ELEMENTAL

Portada » Acceso ás ensinanzas elementais » Proba de acceso de 2º a 4º de Grao Elemental

Segundo establece a normativa de aplicación, será posible acceder a calquera curso do grao elemental diferente a primeiro superando a proba correspondente. Está avaliará as aptitudes, capacidades e coñementos das persoas aspirantes para cursar os estudos nas distintas especialidades instrumentais.

Para todas as especialidades as probas constará de dúas partes, que terán carácter eliminatorio, e que consistirán na interpretación no instrumento de dúas obras libremente escollidas e un exercicio a primeira vista proposto polo tribunal, e unha parte teórico-práctica para avaliar a capacidade auditiva e vocal, así como os coñecementos de linguaxe musical.

Cada unha das partes cualificarase de un a dez puntos, sendo precisa unha cualificación mínima de cinco para superar cada unha delas. Ambas as dúas partes deben resultar superadas.

A cualificación definitiva da proba será a media ponderada da cualificación obtida nas dúas partes ponderándose a primeira delas nun 60 por cento, e a segunda nun 40 por cento.

As probas de acceso aos diferentes cursos do grao elemental son de balde.

As probas de acceso aos cursos 2º, 3º e 4º de grao elemental desenvolveranse entre o 15 e o 18 de xuño e o prazo de inscrición e solicitude, de ser o caso, do servizo de piano acompañante, estenderase do 9 ao 21 de abril.

As seguintes son as datas do calendario específico da proba, inscrición, publicación da oferta de prazas, probas, etc.

  • 9 ao 21 de abril, prazo de inscrición para as probas de acceso aos cursos 2º, 3º, e 4º de grao elemental e, de ser o caso, solicitude do servizo de piano acompañante.
  • 27 de abril, publicación da oferta de prazas vacantes para o curso 2026-2027.
  • 29 de abril, publicación da lista de aspirantes admitidos nas probas de acceso aos cursos 2º, 3º, e 4º de grao elemental.
  • 1 de xuño, publicación dos tribunais, datas, horarios e aulas correspondentes ás probas de acceso aos cursos 2º, 3º, e 4º de grao elemental.
  • 15 ao 18 de xuño, probas de acceso aos cursos cursos 2º, 3º, e 4º de grao elemental.
  • 19 de xuño, publicación dos resultados correspondentes ás probas de acceso aos cursos cursos 2º, 3º, e 4º de grao elemental (aspirantes que obteñen praza e aspirantes en lista de agarda).
  • 23 de xuño, publicación da listaxe coas prazas adxudicadas ás persoas aspirantes en lista de agarda correspondentes ás probas de acceso aos cursos cursos 2º, 3º, e 4º de grao elemental.
  • 23 de xuño, publicación da lista de agarda das persoas aspirantes ao acceso aos cursos cursos 2º, 3º, e 4º de grao elemental.
  • 23 ao 26 de xuño, prazo de matrícula para aspirantes que obtiveron praza nas probas de acceso aos cursos 2º, 3º, e 4º de grao elemental.

Nos seguintes catro botóns atópanse as ligazóns correspondentes á oferta prazas vacantes, aos contidos, desenvolvemento da proba e criterios de avaliación dos exercicios das diferentes especialidades e mais os materiais de exemplo en canto ao exercicio de avaliación da capacidade auditiva e de linguaxe musical e á páxina coa información sobre o servizo de pianista acompañante que achega o centro. Os diferentes botóns activaranse de maneira progresiva segundo o calendario achegado máis arriba.