A memoria do son

Dende o 23 de outubro ata o vindeiro 28 de decembro poderemos gozar no vestíbulo do primeiro andar do conservatorio dunha parada mais no camiño da exposición A memoria do son.
A mostra recolle instrumentos medievais dos séculos XII e XIII reconstruídos polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo.
Cada instrumento, recreado a partir de fontes como a próxima igrexa de San Xoán de Portomarín ou o conxunto catedralicio compostelán, posúe un código QR a través do cal é posible escoitar o seu son.
Á marxe doutras actividades en relación á exposición e das que se informará oportunamente, o vindeiro mércores 25 ás 18:00 no mesmo vestíbulo no que está instalada a mostra está prevista a súa inauguración.